Espectáculo de títeres no Centro Comercial A Laxe de Vigo

O 28 de abril imos o centro comercial A laxe de Vigo co espectáculo “Lume”. Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medioambiental dirixida a nenas e nenos de 2 a 8 anos, utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.