A alfombra máxica

Un espectáculo para bebés especialmente recomendado para o seu desenvolvemento sensorio-motriz autónomo.

Un espectáculo-instalación  elaborado para favorecer o xogo e  que nos incita a deixarnos levar polos sentidos.  A obra propón un espazo para ir á descoberta da contorna onde podemos tocar texturas diversas, crear  sons, percibir diferentes cheiros, explorar espazos que evocan un bosque con árbores que aparecen e desaparecen.

A actriz inicia unha viaxe á que despois convida ás nenas e nenos a participar e aos acompañantes a observar sen interferir.

 

[tab:Sinopse]

“A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa onde a artista plástica convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo.

Monicreques, música e outras sorprersas viaxarán cos máis pequenos e  cos seus acompañantes adultos por un mundo  de emocións e sensacións.”

[tab:Ficha artística e técnica]

  • Dirección: Nekane Fernandez
  • Dirección artística: Mirari Urruzola
  • Titiriteira e Actriz: Mirari  Urruzola
  • Produción executiva e artística: Mirari Urruzola
  • Deseño espazo escénico: Mirari Urruzola
  • Realización espazo escénico: Ramsés Romero e Mirari Urruzola
  • Fotografía: Pixelin Photo
  • Vídeo: Tingalaranga Audiovisual
  • Deseño Gráfico: Xurxo Seara
  • Colaboracións: Marta Santos e os alumnos de Educación infantil do CIFP Compostela, Tero Rodriguez, Larraitz Urruzola,  Marta Ortiz, Lucho Penabade, Escola do Medio, Marcela Rubiano, Kukas producciones artísticas, Elena Cristóbal, Maria Jesús Agra Pardiñas.

[tab:Necesidades técnicas]

  • Público: Ata 3 anos
  • Nº de participantes: 15 bebés + acompañantes
  • Duración: 40 min ( inclue tempo de recepción e despedida)
  • Tempo de montaxe: 3 h e desmontaxe 1.30 h
  • Medidas da Alfombra: ancho 6 m/ Fondo 5m (adaptable a ancho 4m /fondo 5m)