Dioramas

  

Participantes: Crianzas 6-12 anos

Nº de participantes: 15 a 20

Duración: 60 min

Condicións técnicas: Mesas de traballo

Descrición da actividade:

Realizar un diorama ou construción dunha escena  a partir dun poema ou conto.

O diorama, entendido como a construción dunha escena, é un medio que admite numerosas técnicas (debuxo, colaxe, modelado…) e permite axuntar diferentes disciplinas, conectando as artes visuais coa literatura, o teatro ou a música.

Para a realización do diorama utilizamos papeis onde rexistramos texturas  coa técnica do frottage. As figuras e imaxes que se crean situanse no papel en branco que fai de escenario. Para rematar representaremos a escena coa lectura do poema ou conto, manipulación de personaxes na escena e crearemos a música do conto. Realizaremos os sons coa voz, con  instrumentos, con obxectos naturais, obxectos da via cotiá-auga, garrafas, chapas, xornais, radiografías etc…