Babaluva actuará no Auditorio de Ribadeo, o 21 de outubro ás 17:30 h co espectáculo de monicreques de obxectos titulado “Cama e Conto”

Cama e Conto é un espectáculo baseado nas lembranzas  de dous personaxes inolvidables, Nai e a súa filla  Malva, que dialogan cos xestos e as palabras pero tamén dándolle vida aos  obxectos máis cotiáns nunha montaxe chea de poesía  e sentimento. O espectáculo ten unha duración de 35 minutos e está recomendado para público familiar e infantil.