Espectáculos
Obras
Feira das sementes
Un espectáculo que abarca monicreques de mesa, luva, de obxectos e bunrraku. A peza presenta unha selección de contos, poemas, refráns, cancións e adiviñas relacionados coa agricultura e as sementes recollidos nos cancioneiros e refraneiros populares galegos.
Minia convídate a xogar
Nesta proposta teatral o xogo e a experimentación son canles de autocoñecemento, de descuberta, de comunicación. Crease un contexto de expresión total onde podemos comunicar a través do corpo, das emocións vividas e da fala.
Tita
Un espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional
A alfombra máxica
Un espectáculo para bebés especialmente recomendado para o seu desenvolvemento sensorio-motriz autónomo.
Un espectáculo-instalación elaborado para favorecer o xogo e que nos incita a deixarnos levar polos sentidos. A obra propón un espazo para ir á descoberta da contorna onde podemos tocar texturas diversas, crear sons, percibir diferentes cheiros, explorar espazos que evocan un bosque con árbores que aparecen e desaparecen.
Cama e conto
Un espectáculo baseado nas lembranzas de dous personaxes inolvidables, Nai e a súa filla Malva, que dialogan cos xestos e as palabras pero tamén dándolle vida aos obxectos máis cotiáns nunha montaxe chea de poesía e sentimento.
Lume
Dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar, con monicreques de obxectos, esta historia de sensibilización ambiental.
Nun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can….
Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio.
Marusia
Marusía é unha nena que vive perto do mar. Nesta historia, Marusía ten que superar a proba dos tres eMes: a Mentira, a Maldade e o Medo, encarnados nun construtor sen escrúpulos, un furtivo do marisqueo e o terror ao descoñecido.