Nos nosos proxectos facemos visible o traballo de mulleres dedicadas a diferentes facetas artísticas. Mulleres e homes todos/as implicados/as en crear emocións, cidadáns sensibles na divulgación de valores de cooperación, respecto e compromiso social desde as linguaxes particulares das súas creacións. Despois de investigar diversas técnicas de manipulación especializámonos pola técnica de títeres de mesa onde o traballo de manipulación faise á vista creando diálogo entre actriz-títere-público-actriz. Isto ofrécenos versatilidade á hora de crear personaxes e dinámicas de interrelación co espectador.

Feira das sementes
Un espectáculo que abarca monicreques de mesa, luva, de obxectos e bunrraku. A peza presenta unha selección de contos, poemas, refráns, cancións e adiviñas relacionados coa agricultura e as sementes recollidos nos cancioneiros e refraneiros populares galegos.