Obradoiro de ilustración

Participantes: Nenos e nenas

Nº de participantes: 15 a 20

Duración: 60 min

Condicións técnicas: Mesas de traballo, auga.

Descrición da actividade: Neste obradoiro de ilustración os participantes van dar vida aos seus personaxes de contos  favoritos. Van debuxar, recortar e pintar pero ademáis van descubrir a técnica da estampación directa que aporta efectos sorprendentes.  Conxuntamente van coñecer as cores primarias e complementarias. Van experimentar  cos tons fríos ou cálidos para expresar sentimentos como tristura ou ledicia.