MANU CHAO NO X REPERKUSIÓN, QUE SE CELEBRARÁ DO 17 AO 19 DE MAIO

Chega unha nova edición do Reperkusión: a décima, que este ano se adianta para celebrarse na primavera, os días 17, 18 e 19 de maio. Para celebrar a primeira década de existencia do festival máis festeiro desta parte do mundo, temos un cabeza de cartel excepcional: Manu Chao! Estará con nós actuando non un senón dous días: o xoves 17 e o sábado 19. Unha cita inexcusable na que serán as súas únicas actuacións previstas nun festival da Península.

http://www.reperkusion.com/webgalego/index.php