Minia convídate a xogar
Minia convídate a xogar é un espectáculo-instalación para os mais pequenos (desde andantes, aos 6 anos), especialmente recomendado para desenvolver a creatividade e a comunicación cos obxectos que nos rodean.
A montaxe consta de duas partes. Na primeira vemos como Minia, unha muller agora adulta, lembra os xogos que facía de pequena con caixas de cartón. Na segunda parte comparte cos nenos e nenas e convídaos a que xoguen cos mesmos materiais e o mesmo espazo que ela usou.
[tab:Sinopse]
Minia volve despois de anos ao almacén onde xogaba de nena mentres seu pai e súa nai traballaban na oficina do lado. Lembra os xogos, aventuras e personaxes que creaba sen precisar máis nada ca unhas caixas de cartón.
[tab:Ficha artística e técnica]
- Dramaturxia e dialogos: Lucho Penabade
- Direción: Nekane Fernández e Lucho Penabade
- Direción artística: Mirari Urruzola
- Actriz: Mirari Urruzola
- Voz en off: Larraitz Urruzola e Lucho Penabade
- Produción executiva e artística: Teatro Babaluva
- Deseño espazo escénico: Mirari Urruzola e Estela Freire
- Realización espazo escénico: Ramsés Romero e Mirari Urruzola
- Deseño espazo sonoro: Merran Laginestra
- Deseño de iluminación: Teatro Babaluva
- Inventos: Pepe Penabade
- Cartel:Celia Pía
- Fotos/Vídeo: Pixelin Photo
- Agradecementos: Javier Abad Molina, Cristina Trigo, María Jesus Agra, “Semente” escola de ensino en Galego, Centro Socio Cultural de Vite, Centro Socio Cultural Santa Marta.
[tab:Necesidades técnicas]
- Público: Andantes-6 anos
- Nº de participantes: 30 + acompañantes
- Duración: 60 min
- Tempo de montaxe: 2,30h/ Desmontaxe: 1h
- Medidas espazo escénografico: ancho 6 m/ fondo 6m adaptable a ancho 4 m /fondo 5m