Obradoiro oralidade co títere

Babaluva realizou un taller de oralidade co títere no CEIP Pino do Val de Mazarícos para os rápaces e rapazas  e para os profesores do colexio. Podemos ver nas fotos como están deseñados os monicreques utilizando materiais de refugallo. O taller dos maís maiores consistiu en construir unha marioneta para despois facer pequenas improvisacions dende o teatro de guiñol. Experimentamos a falar a través do títere e aprendimos técnicas de manipulación dos monicreques de luva. Os maís pequenos fixerón títeres coas mans,  dandolle vida ao personaxe coa voz e xogaron a contar historias. Todos aplicaron nos seus traballos  moita imaxinación, un pouco de paciencia, sentido do humor e unha chea de ganas de pasalo ben.