Títeres de obxectos

Participantes: Nenas e nenos
Nº de participantes: 15 a 20
Duración: 90 min
Condicións técnicas: Mesas de traballo
Descrición da actividade: Este obradoiro amosa como  transformar un obxecto cotián nun monicreque asombroso. Xogarás cun tarro de plástico ou cunha alfombra e un par de calcetíns para convertelos nun can cariñoso; ou poderás dar unha  nova vida a dúas botellas de plástico e transformalas nun paxaro colorido. Os participantes explorarán como  manipular o monicreque-obxecto e como convertelo nun personaxe crible. Non hai ningún límite á creatividade, reutilizaremos calquera obxecto cotián na nosa casa ou escola, e crearemos un monicreque extraordinario.