Sobre Babaluva

Sorry, this entry is only available in Galician and European Spanish. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

En maio do 2008, Mirari e 

Larraitz Urruzola Tolosa

Foto de Larraitz

Larraitz

Xestión e Produción de Artes Escénicas, Actriz/Titiriteira

Larraitz é actriz e creadora de propostas escénicas para público infantil e/ou familiar desde o ano 1989. De formación autodidacta e cun longo percorrido por varias compañías profesionais de teatro e títeres, destaca pola súa capacidade de conexión e comunicación co espectador.
Domina varias técnicas de manipulación de títeres tanto para artes escénicas como para o formato audiovisual: Variña, sombras, guiñol, marionetas de fío, luz negra, monicreques de luva e mesa, bunraku…
Ten versatilidade estética e variada tipoloxía da voz á hora de proxectar os seus personaxes. Como artista e animadora sociocultural, realiza talleres utilizando o xogo dramático como recurso para contribuír á formación integral do individuo.

Ver Curriculum  (PDF)


Mirari Urruzola

Mirari

Mirari

Escultora e escenógrafa está diplomada en Produción e Deseño de Espectáculos de Teatro, pola Escola de Arte e Deseño, Croydon College de Londres (93-96). Traballa como especialista en acabados de pintura para a compañia de decoración de interiores DKT mentres continua os estudos de Belas Artes na Escola City Literary institute de Londres. Onde se dedica á creación de esculturas e participa en diversas exposicións colectivas. Termina o Master de Artes en investigación intercultural e acción creativa, London Metropolitan University (2004) .

Despues de nove anos de estancia en Londres fíncase en Santiago (2002) onde colabora como deseñadora de decorados e luces, manipulación de monicreques e na produción de varios espectáculos.

Forma a compañia Babaluva (2008) onde xestiona e produce espectáculos de monicreques para público infantil. Como docente realiza unha gran variedade de obradoiros de Arte dirixidos a nen@s, familias e profesores.

Ver Curriculum (PDF)