Feira das sementes
Feira das Sementes é a feira máis pequena do mundo. Unha feira onde nada se vende, onde as sementes trócanse por outras, por un conto, un refrán, unha canción ou unha adiviña.
[tab:Sinopse]
Mirari, unha vasca afincada en Galicia, percorre o país coa súa Feira das sementes. No seu postiño leva para trocar semente das fabas de Tolosa, de trigo candeal e outros cereais. Ela da pero tamén recolle. Nesta ocasión en troca dunhas sementes de roseira e de garavanzo, representará con marionetas os contos: A proba da semente e Garavanciña e o esquío. Finalmente para denunciar o secuestro que algunhas multinacionais da alimentación fan das sementes representará con títeres de cachaporra «O rapto do centeo».
[tab:Ficha artística e técnica]
- Autoría e diección: Ignacio Vilariño
- Actriz titiritera: Mirari Urruzola
- Produción executiva e artística: Mirari Urruzola
- Deseño espazo escénico e monicreques: Mirari Urruzola
- Realización espazo escénico: Ramsés Romero
- Realización monicreques: Ramsés Romero, Pepe Penabade e Mirari Urruzola
- Deseño espazo sonoro: Merran Laginestra
- Deseño de iluminación: Mirari Urruzola
- Cartel: Xurxo Seara
- Fotos/Vídeo: Pixelin Photo
[tab:Necesidades técnicas]
- Público: Familiar
- Duración: 50 min
- Tempo de montaxe: 2,30h/ Desmontaxe: 1h
- Medidas espazo escénografico: ancho 3,5 m/ fondo 4 m / alto 2.30 m
- Espazo interior e exterior