Teatro para bebés

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Este mes de abril “A alfombra máxica” volve a estar nos teatros de Galiza. 7 e 8 de abril na sala Andamio de Coruña, o 14 de abril no auditorio de O carballiño e o 27 de abril en Redondela.

“A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa onde a artista plástica convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo.

Monicreques, música e outras sorprersas viaxarán cos máis pequenos e  cos seus acompañantes adultos por un mundo  de emocións e sensacións.”

http://www.teatrodelandamio.com/?fwp=2&fwl=1&opc=2