Espectáculos

Nos nosos proxectos facemos visible o traballo de mulleres dedicadas a diferentes facetas artísticas. Mulleres e homes todos/as implicados/as en crear emocións, cidadáns sensibles na divulgación de valores de cooperación, respecto e compromiso social desde as linguaxes particulares das súas creacións. Despois de investigar diversas técnicas de manipulación especializámonos pola técnica de títeres de mesa onde o traballo de manipulación faise á vista creando diálogo entre actriz-títere-público-actriz. Isto ofrécenos versatilidade á hora de crear personaxes e dinámicas de interrelación co espectador.

Cama e conto

Cama e conto

Un espectáculo baseado nas lembranzas  de dous personaxes inolvidables, Nai e a súa filla  Malva, que dialogan cos xestos e as palabras pero tamén dándolle vida aos  obxectos máis cotiáns nunha montaxe chea de poesía  e sentimento.

Lume

Lume

Dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar, con monicreques de obxectos, esta historia de sensibilización ambiental.
Nun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can….
Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio.

Marusia

Marusia

Marusía é unha nena que vive perto do mar. Nesta historia, Marusía ten que superar a proba dos tres eMes: a Mentira, a Maldade e o Medo, encarnados nun construtor sen escrúpulos, un furtivo do marisqueo e o terror ao descoñecido.