Lume

Adaptación de Teatro Babaluva inspirado nun texto de Alberto Varela Ferreiro (ed. Xerais)

Nun bosque onde vivían moitos animáis  algo pasou que fixo ladrar ao can….

Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio.

O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi  buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo , o sapo alertou á garza  que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta , voluntariosas chegaron  a vacaloura e o esquío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.

Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medioambiental dirixida a nenas e nenos de 2 a 8 anos, utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.

Neste proceso de creación participaron mulleres artistas de diversas disciplinas como o teatro, a fotografía , a música e as artes plásticas.


Características do espectáculo

Os títeres e os elementos escenográficos están construídos reutilizando obxectos cotiáns recoñecibles  e  sen apenas transformación. Técnica que recollimos grazas a colaboración no proxecto da compañeira brasileira MARIZA BASSO TEATRO DE FORMAS ANIMADAS,  internacionalmente recoñecida como especialista en teatro de obxectos.

A banda sonora é orixinal e está composta pola artista australiana MERRAN LAGINESTRA, compositora de música contemporánea con gran experiencia en creación de bandas sonoras para teatro de títeres e danza.

A arquitecta e fotógrafa galega CLARA MIGUELEZ, plasmou nas súas fotos a ollada sutil e poética dos elementos do espectáculo.

En Maio do 2008, MIRARI e LARRAITZ URRUZOLA, despois de máis de 20 anos de traxectoria na produción de espectáculos de títeres de diversas técnicas de manipulación para público infantil, con presenza nos máis relevantes festivais do panorama tanto nacional coma internacional, formamos a compañía TEATRO BABALUVA. Neste proxecto facemos visible o traballo de moitas mulleres artistas de diversos puntos do planeta, acompañounos un equipo implicado en crear emocións, divulgar valores de cooperación, respecto e  compromiso social.

Necesidades técnicas

  • Público: Familiar/Infantil de 2 a 8 anos
  • Duración: 35 minutos
  • Tempo de montaxe e desmontaxe: 1h 30minutos
  • Medidas:  Ancho 6m/ Fondo 3m/Alto 2,30m
  • Adaptable a calquera espazo escénico con toma de corrente 220 V.

Ficha Artística e Técnica

  • Dirección artística: Mariza Basso (Brasil)
  • Dramaturxia e dirección de escea: Santi Prego (Galicia)
  • Produción executiva e artística: Teatro Babaluva
  • Titiriteiras:  Larraitz e Mirari Urruzola (Euskadi/Galicia)
  • Deseño e construción de títeres e escenografía: Mariza Basso Teatro de Formas Animadas/Teatro Babaluva
  • Composición Banda Sonora:  Merran Laginestra (Australia)
  • Fotografía: Clara Miguelez (Galicia)
  • Costura: Rosario Sampedro (Galicia)
  • Colaboracións: Pepe Penabade, Lucho Penabade, Comercial Grupo Anaya/Xerais, Xurxo Seara, Ramsés Romero, Son Directo, Pepe Escudero, Pepe San Luís.