Teatro Babaluva ten no seu repertorio tres espectáculos de monicreques para público infantil cos que xa realizou máis de 350 representacións para 55.000 espectadores desde o ano 2008, moitos deles en campaña escolar. A situación actual estanos a afectar negativamente tanto ás entidades que producimos e xestionamos cultura como aos centros de ensino. Os educadores teñen cada vez máis dificultades para dar cobertura ás actividades extra escolares fóra do seu centro e as entidades culturais precisamos seguir amosando os nosos proxectos á cidadanía. O teatro no horario escolar garantiza que todos os nenos e nenas, sen distincións, asistan ás representacións dende pequenos, facilita a democratización no acceso á cultura, crea público, cidadáns sensibles e espírito crítico. Desde Teatro Babaluva dirixímonos aos centros de ensino galegos para ofertarlles a posibilidade de compartir os nosos espectáculos nas condicións que recollemos a continuación..

Condiciones

1- Na web www.babaluva.com, atoparedes información completa: Sinopse, ficha artística, necesidades técnicas, fotos, vídeos, idades recomendadas, etc dos espectáculos “Marusía”, “Lume” e “Cama e Conto”. 2- O Centro educativo e/ou a Asociación de Nais e Pais realizarán a petición dos espectáculos remitindo a TEATRO BABALUVA o impreso de solicitude cuberto e asinado pola dirección do centro. Descargar solicitud (Word) 3- A data solicitada non supón a reserva automática do día e quedará pendente de confirmación por parte da compañía de títeres. 4- O prezo da entrada para o curso 2011/2012 será de 5 € por neno/a, agás os centros que non superen os 120 alumnos onde a compañía recibirá 600€. O pago realizarase en dúas partes: 200€ por transferencia cando se faga a reserva do día e o resto, o día da representación, en efectivo ou por cheque nomitativo a TEATRO BABALUVA SL. 5- Para facer a factura precisamos os datos fiscais do colexio ou da ANPA e o número exacto de nenos/as que asistirán ás representacións. 6- Nos centros de máis de 150 alumnos, pódense facer ata 3 representacións no día. A compañía conxuntamente co representante asignado polo centro decidirá en cada caso o número de sesións a realizar, tendo en conta as idades, o número de alumnos, o espazo do que se dispoña, o aforo do local, o horario do centro, etc. 7- Para a temporalización do día teriamos en conta que: *o centro debe facilitar o acceso do vehículo e do personal ao punto máis cercano ao lugar onde se desenvolverá a representación, e a poder ser, ter previsto un lugar onde aparcar a furgoneta. *15 min de carga-descarga. *90 minutos para montaxe. *35/45min para cada representación dependendo do espectáculo elexido. *60 min desmontaxe e carga. 8- O lugar onde se faga a actuación ten que ter cadeiras para os espectadores, tomas de corrente 220V para 4000W e boa acústica. A compañía levará o equipamento de luz e son precisos para o desenvolvemento da actuación. Nos centros que xa dispoñan dos mesmos podemos estimar a posibilidade de utilizar o do colexio. 9- Os espectáculos Lume e Cama e Conto precisan escenario das medidas recollidas na ficha do espectáculo e a posibilidade de escurecer o espazo, pechando as entradas de luz. 10- O espectáculo Marusía pódese facer no exterior, sempre e cando, o tempo e as necesidades técnicas o permitan. 11- Para calquera dúbida pódense poñer en contacto coa compañía a través do formulario