Xoves 6 de decembro as 18:30 h, Babaluva presentará o espectáculo Lume na praza de Abastos de Allariz

Dúas  monicrequeiras recrean un bosque e os seus animais para contar unha historia de sensibilización medioambiental. Os títeres e os elementos escenográficos están construídos reutilizando obxectos cotiáns recoñecibles  e  sen apenas transformación.