Letras na corda
Participantes: Nenos e nenas
Nº de participantes: 15 a 20
Duración: 90 min
Condicións técnicas: Mesas de traballo, auga.
Descrición da actividade: Os participantes decorarán o espazo con letras de cartón, conformando palabras que poñan en valor a nosa cultura a través da lingua, o coñecemento do noso patrimonio artístico e cultural e a nosa identidade. Utilizaremos o idioma como materia prima de referencia na creación artística.