• Feira das sementes

    Un espectáculo que abarca monicreques de mesa, luva, de obxectos e bunrraku. A peza presenta unha selección de contos, poemas, refráns, cancións e adiviñas relacionados coa agricultura e as sementes recollidos nos cancioneiros e refraneiros populares galegos.

  • Minia convídate a xogar

    Nesta proposta teatral o xogo e a experimentación son canles de autocoñecemento, de descuberta, de comunicación. Crease un contexto de expresión total onde podemos comunicar a través do corpo, das emocións vividas e da fala.

  • Tita

    Un espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional

Títeres Babaluva ofrece espectáculos para nenos  e  obradoiros de formación, planifica estratexias innovando estéticas e contidos co  fin de construir sociedades tolerantes e sustentables.