Podes solicitar os espectáculos de Babaluva ao teu Centro de Ensino, para os grupos de nenos e nenas máis cativos até os máis maiores, de 2 a 12 anos.

Fai unha reserva

Condiciones

1- O Centro educativo e/ou a Asociación de Nais e Pais realizarán a petición dos espectáculos remitindo a TEATRO BABALUVA o impreso de solicitude cuberto e asinado pola dirección do centro. Descargar solicitud (Word)

2- A data solicitada non supón a reserva automática do día e quedará pendente de confirmación por parte da compañía de títeres.

3- O prezo da entrada  será de 5 € por neno/a, agás os centros que non superen os 120 alumnos onde a compañía recibirá 600€. O pago realizarase en dúas partes: 200€ por transferencia cando se faga a reserva do día e o resto, o día da representación, en efectivo ou por cheque nomitativo a TEATRO BABALUVA SL.

4- Para facer a factura precisamos os datos fiscais do colexio ou da ANPA e o número exacto de nenos/as que asistirán ás representacións.

5- Nos centros de máis de 150 alumnos, pódense facer ata 3 representacións no día. A compañía conxuntamente co representante asignado polo centro decidirá en cada caso o número de sesións a realizar, tendo en conta as idades, o número de alumnos, o espazo do que se dispoña, o aforo do local, o horario do centro, etc.