Feira das sementes

Feira das Sementes é a feira máis pequena do mundo. Unha feira onde nada se vende, onde as sementes trócanse por outras, por un conto, un refrán,  unha canción ou unha adiviña.

[tab:Sinopse]

Mirari, unha vasca afincada en Galicia, percorre o país coa súa Feira das sementes. No seu postiño leva para trocar semente das fabas de Tolosa, de trigo candeal e outros cereais. Ela da pero tamén recolle. Nesta ocasión en troca dunhas sementes de roseira e de garavanzo, representará con marionetas os contos: A proba da semente e Garavanciña e o esquío. Finalmente para denunciar o secuestro que algunhas multinacionais da alimentación fan das sementes representará con títeres de cachaporra “O rapto do centeo”.

 

[tab:Ficha artística e técnica]

  • Autoría e diección:  Ignacio Vilariño
  •  Actriz titiritera: Mirari  Urruzola
  • Produción executiva e artística: Mirari Urruzola
  • Deseño espazo escénico e monicreques: Mirari Urruzola
  • Realización espazo escénico: Ramsés Romero
  • Realización monicreques: Ramsés Romero, Pepe Penabade e Mirari Urruzola
  • Deseño espazo sonoro: Merran Laginestra
  • Deseño de iluminación: Mirari Urruzola
  • Cartel: Xurxo Seara
  • Fotos/Vídeo: Pixelin Photo

 

[tab:Necesidades técnicas]

  • Público: Familiar
  • Duración: 50 min
  • Tempo de montaxe: 2,30h/ Desmontaxe: 1h
  • Medidas espazo escénografico: ancho 3,5 m/ fondo 4 m / alto 2.30 m
  • Espazo interior e exterior