Cama e conto

Un espectáculo baseado nas lembranzas  de dous personaxes inolvidables, NAI e a súa filla  MALVA  ,que dialogan cos xestos e as palabras pero tamén dándolle vida aos  obxectos máis cotiáns nunha montaxe chea de poesía  e sentimento.

En “Cama e Conto” trátase o paso do tempo como temática  central desde unha visión  optimista e pegada á realidade máis cotiá

A relación entre MALVA e NAI contén un valor exemplarizante e sincero onde podemos recoñecernos  como seres humanos complexos pero onde sempre prevalecerá a amizade , o cariño e o respecto como valores inquebrantables.

Unha peza teatral sobre a importancia da lectura e das relacións humanas.

[tab:Sinopse]

Hoxe Malva e a sua nai xúntanse para limpar a casa onde vivían hai tempo, namentras recollen os obxectos da habitación, lembran aqueles días nos que Malva devecía por que a súa nai lle lera un conto antes de ir durmir. Con esas historias viaxaban ata un mundo de fantasía onde todo era posible. Pero des que Malva aprendeu a ler as cousas cambiaron e xa non houbo “cama e conto” ata que … a nena discorreu unha idea bomba.

[tab:Ficha artística e técnica]

  • Autor: Gonzalo Moure Trenor.
  • Adaptación e tradución:Gabriel Penabade Outeiro.
  • Dirección: Santi Prego
  • Titiriteiras e Actrices: Mirari e Larraitz Urruzola
  • Produción executiva e artística: Teatro Babaluva SL.
  • Deseño, construción de monicreques e escenografía: Mirari Urruzola
  • Axudante de construción de escenografia: Ramsés Romero González
  • Composición Banda Sonora Orixinal: Merran Laginestra
  • Fotografía: Clara Miguelez/Pepe San Luis
  • DVD: Saga TV
  • Deseño Gráfico: Xurxo Seara
  • Colaboracións:Tanxarina, Monicreques de Kukas, Pepe Penabade,Antonio Bravo, Comercial Grupo Anaya/Xerais, Pepe San Luis, Jero, Montse, Daniel List

[tab:Necesidades técnicas]

  • Público: Familiar/infantil 4 a 12 anos
  • Duración: 35 min
  • Tempo de montaxe e desmontaxe: 2h
  • Medidas: Ancho 8m/Fondo 4m/Alto 2,30m
  • Adaptable a calquera espazo escénico con toma de corrente 220V.

[tab:END]